Versión 8.2 (Martes 6 de Outubro 2026)

Nubes en todo o mapa: a imaxe de nubes cobre agora unha zona moito máis ampla, desde o Atlántico ata o Mediterráneo: chega para encher a pantalla completa a zoom 7. Ademais encaixa mellor co mapa.

Versión 8.1 (Martes 6 de Outubro 2026)

Aviso de nova versión: cando se publica unha versión nova, a aplicación avisa cun botón "Actualizar" que borra os ficheiros antigos gardados no dispositivo e carga a versión nova, tamén na aplicación instalada no móbil.

Versión 8.0 (Martes 6 de Outubro 2026)

Raios: nova capa cos raios detectados pola rede de MeteoGalicia. Amósanse os da última hora respecto do instante que se está a ver (en directo ou no "Histórico"), coloreados pola súa idade en tramos de 10 minutos: do vermello (máis recente) ao azul (hai unha hora). Os puntos cheos son raios nube-terra e os aros, raios intranube. Ao premer nun raio vese o tipo, a intensidade e a hora.

Versión 7.0 (Martes 29 de Setembro 2026)

Utilidade "Histórico": nova barra inferior cun cursor para ver a evolución das últimas 6 horas de radar, estacións e nubes, en pasos de 10 minutos. Actívase desde o listado de capas.

Widget de data/hora: indicador na parte superior co rango horario dos datos mostrados; ao premelo, desprega a hora exacta de cada fonte (radar, estacións, nubes).

Cambios na interfaz: simplificación do diseño e mellora da usabilidade.

Versión 6.0 (Xoves 31 de Outubro 2025)

Procesamento avanzado de capas de nubes: Implementado sistema de procesamento píxel a píxel que combina imaxes satelitais con máscaras de nubes para mostrar unicamente as nubes con transparencia selectiva. Utiliza Canvas API para procesamento en tempo real de cada tile.

Visualización de fechas dos datos: Engadida información temporal en todos os datos meteorolóxicos. As estacións meteorolóxicas mostran "hai X minutos/horas/días" desde a última lectura, e as imaxes de satélite EUMETSAT mostran a data e hora exacta na esquina inferior esquerda do mapa.

Optimizacións de rendemento: Sistema de caché intelixente para tiles procesados, carga paralela de imaxes satelitais e máscaras, e actualización optimizada sen recrear capas completas.

Versión 5.0 (Venres 25 de Abril 2025)

Incorporación de datos de nubes a partir de imaxes de satélite de Eumetsat. Engadida información do vento nas estacións meteorolóxicas con indicadores visuais de dirección e intensidade.

Versión 4.0 (Mércores 22 de Abril 2025)

Incorporación de estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia con datos en tempo real.

Versión 3.0 (Luns 21 de Abril de 2025)

Integración de cámaras da DGT (Dirección Xeral de Tráfico).

Versión 2.0 (Sábado 19 de Abril de 2025)

Visualización de cámaras de MeteoGalicia e CRTVG.

Versión 1.0 (Venres 28 de Abril de 2025)

Versión inicial con radar meteorolóxico de MeteoGalicia.