Próximas funcionalidades

Meteollada está en constante evolución. Aquí podes ver as funcionalidades que temos previsto incorporar nas próximas actualizacións.

Predición meteorolóxica Planificado

Incorporación de datos de predición meteorolóxica a curto e medio prazo para diferentes localidades de Galicia. Incluirá prognósticos de temperatura, precipitacións, vento e humidade para os próximos días.

Información do mar Planificado

Incorporación de datos sobre o estado do mar, temperatura da auga, ondaxe e correntes nas costas galegas.

Nova interface e imaxe corporativa Planificado

Renovación completa da interface da web e actualización da imaxe corporativa, para ofrecer unha experiencia máis moderna, intuitiva e atractiva. Incluirá novo deseño, paleta de cores e elementos gráficos.

Imaxes de satélite EUMETSAT Completada

Integración de imaxes de satélite EUMETSAT para visualizar a evolución das formacións de nubes en tempo real.

Optimización da aplicación En progreso

Mellora do rendemento xeral da aplicación, reducción dos tempos de carga e optimización do uso de recursos, para unha experiencia máis rápida e fluída en todos os dispositivos.

Variables completas das estacións Planificado

Visualización de todas as variables dispoñibles para cada estación meteorolóxica, incluíndo datos avanzados como radiación solar, presión atmosférica, visibilidade e máis indicadores específicos.